sábado, 25 de outubro de 2014

A moda dos piratas: nomes comúns e propios, continentes e océanos.



Chegou ao correo este fermoso libro de pegatinas para coñecer máis sobre os piratas e as prendas que estes utilizaban. O tema dos piratas foi un tema que os nenos e nenas de 1º de Primaria traballaron a fondo o curso pasado, en Ed. Infantil, e lles serviu de actividade de repaso. Practicaron a lectura, seguiron as ordes do libro para poder pegar as pegatinas, aprenderon os continentes e algún, tamén, os océanos, os nomes propios e comúns e algún vocabulario relacionado con prendas ou coa vida pirata. Tamén debuxaron un resumo do aprendido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario