domingo, 23 de novembro de 2014

Dana e Aldara lennos o seu traballo de Voz Natura


Estas nenas realizaron un traballo interesantísimo sobre "A vide e as viñas", rescatando experiencias propias e explicando diversos aspectos desta planta e do proceso de realización do viño. Todo acompañado de fotografías para axudar na explicación. Ao final, hai unha páxina moi divertida en forma de cómic, pero teredes que esperar a vela! Esta semana serán Antía e Ahinoa as que nos traian o seu traballo de Voz Natura. Estamos desexosos por velo!

Noa e Mencía trouxeron cadanseu libro de animais (por continentes e animais desaparecidos, os dinosaurios) para compartilos.






Lemos un xogo de preguntas sobre animais

Numerator


Dentro do proxecto de mellora da competencia matemática, Jenny, a mestra de prácticas, organiza unha actividade chamada Numerator, e que favorece a comprensión da situación das cifras dun número en unidades, decenas e centenas (os de 2º e 3º) e da lectura de números.

A profe de prácticas explicando os animais vertebrados


 Jenny, a profesora que está de prácticas na nosa aula, acabou de explicarnos o tema dos animais vertebrados por medio dun esquema. Nas fotos vésenos moi atentos, e foi certo, estivemos moi atentos/as ás súas explicacións.

mércores, 12 de novembro de 2014

Esceas escolares...

Os nenos de 2º practican dentro de actividades do proxecto de mellora da competencia matemática. Fixérono moi ben e o que máis di deles, con entusiasmo e gañas de traballar.


 Ahinoa trouxo un libro de animais moi interesante (animais por continentes) e nolo ensinou.