venres, 26 de decembro de 2014

Mencía tráenos o traballo familiar de Voz Natura que ela e o seu irmán Tiago elaboraron



Un traballo moi interesante sobre os produtos da horta en galego e a súa tradución ao inglés, todo acompañado de imaxes en goma eva moi realistas.

Obradoiro de pinturas de Nadal






  

Obradoiro de poemas de Nadal



Estivemos traballando o nome, adxectivo e verbo con este obradoiro. Un neno ou nena sacaba unha palabra de Nadal (que previamente se pensaron nas diferentes aulas), a clasificaba e buscabamos entre todos rimas, frases poéticas e pareados. Logo serviu como inspiración para escribir poemas de Nadal.

Ahinoa ensínanos o seu traballo familiar do proxecto Voz Natura. Tamén participou a súa irmá Antía.



Cando participemos todos os da clase, ímoslles levar o caderno aos de Infantil, así os irmáns pequenos que tamén participaron poden ensinarlles aos compañeiros o seu traballo.
Este traballo estaba moi interesante porque explica con todo luxo de detalles todo o traballo relacionado coa herba, desde o cultivo, a sega, a recolleita, maquinaria empregada...

domingo, 23 de novembro de 2014

Dana e Aldara lennos o seu traballo de Voz Natura


Estas nenas realizaron un traballo interesantísimo sobre "A vide e as viñas", rescatando experiencias propias e explicando diversos aspectos desta planta e do proceso de realización do viño. Todo acompañado de fotografías para axudar na explicación. Ao final, hai unha páxina moi divertida en forma de cómic, pero teredes que esperar a vela! Esta semana serán Antía e Ahinoa as que nos traian o seu traballo de Voz Natura. Estamos desexosos por velo!