mércores, 18 de febreiro de 2015

Entroido!


Comezamos a investigar sobre as máquinas, a enerxía, os inventores, os inventos e a computadora.

Exposición de coches de cartón (agasallo da familia de Mencía), máquinas que nos serven como medio de transporte.
Dana e Simón buscan palabras no dicionario sobre as máquinas: máquina, aparello...
Len e escriben os significados, despois de repasar a orde alfabética.
Sara e Noa buscan inventores de aparellos en internet
Poñen palabras no buscador e van lendo as entradas que saen.
Non todos os significados dunha palabra nos serven, hai que decidir.
Aitana e Luis resumen e fan esquemas.
Len, deciden a información importante e elaboran esquemas que resuman o tema das máquinas e tecnoloxía.
Aldara busca libros na biblioteca que traten este tema.
Mencía busca libros que nos sirvan de axuda para entender as máquinas.
Para saber o tema, temos que ler o título do libro e pensar se nos serve.
Aldara e Mencía buscan en internet a persoa que inventou o ordenador.
Ahinoa e Aldara buscan infomación para relacionar inventor con invento.
Hai moitos libros que nos interesan.
Lense cousas moi interesantes en internet.
As máquinas funcionan con enerxía.
Ahinoa, Mencía e Aldara escriben nomes de inventores para aumentar a "árbore da sabiduría" que hai no corredor.
O traballo vaise rematando e xa se pode pegar no mural.
Un dita e o outro copia, e logo cambian os papeis, isto si que é traballo en equipo!

Luisito mostra o seu traballo familiar de Voz Natura, que trata sobre a minería.

Experimentamos coas matemáticas

Un pouquiño do Día da Paz

Aitana ensínanos o seu traballo familiar de Voz Natura, sobre o tomate.