Amosando publicacións coa etiqueta lectura e escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura e escritura. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de febreiro de 2016

Agasallo de Nadal no noso correo!


Unha axenda do 2016 e un calendario tamén do 2016!! O calendario era de gatos, asique si que xa foi casualidade! Na axenda imos escribindo día a día o que imos facendo

Actividades na aula


Lemos o xornal en parellas, ensinámoslle a Hris a nosa exposición sobre gatos e lemos as mensaxes que os nosos compis nos escribiron na nosa caixa de gatos. Así posamos coas nosas caixiñas! Que estilo!

venres, 26 de decembro de 2014

Obradoiro de poemas de Nadal



Estivemos traballando o nome, adxectivo e verbo con este obradoiro. Un neno ou nena sacaba unha palabra de Nadal (que previamente se pensaron nas diferentes aulas), a clasificaba e buscabamos entre todos rimas, frases poéticas e pareados. Logo serviu como inspiración para escribir poemas de Nadal.

sábado, 25 de outubro de 2014

A moda dos piratas: nomes comúns e propios, continentes e océanos.



Chegou ao correo este fermoso libro de pegatinas para coñecer máis sobre os piratas e as prendas que estes utilizaban. O tema dos piratas foi un tema que os nenos e nenas de 1º de Primaria traballaron a fondo o curso pasado, en Ed. Infantil, e lles serviu de actividade de repaso. Practicaron a lectura, seguiron as ordes do libro para poder pegar as pegatinas, aprenderon os continentes e algún, tamén, os océanos, os nomes propios e comúns e algún vocabulario relacionado con prendas ou coa vida pirata. Tamén debuxaron un resumo do aprendido.