Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto A Moda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto A Moda. Amosar todas as publicacións

domingo, 23 de novembro de 2014

Lemos un xogo de preguntas sobre animais

A profe de prácticas explicando os animais vertebrados


 Jenny, a profesora que está de prácticas na nosa aula, acabou de explicarnos o tema dos animais vertebrados por medio dun esquema. Nas fotos vésenos moi atentos, e foi certo, estivemos moi atentos/as ás súas explicacións.

mércores, 12 de novembro de 2014

Esceas escolares...

Os nenos de 2º practican dentro de actividades do proxecto de mellora da competencia matemática. Fixérono moi ben e o que máis di deles, con entusiasmo e gañas de traballar.


 Ahinoa trouxo un libro de animais moi interesante (animais por continentes) e nolo ensinou.



mércores, 29 de outubro de 2014

sábado, 25 de outubro de 2014

A moda dos piratas: nomes comúns e propios, continentes e océanos.



Chegou ao correo este fermoso libro de pegatinas para coñecer máis sobre os piratas e as prendas que estes utilizaban. O tema dos piratas foi un tema que os nenos e nenas de 1º de Primaria traballaron a fondo o curso pasado, en Ed. Infantil, e lles serviu de actividade de repaso. Practicaron a lectura, seguiron as ordes do libro para poder pegar as pegatinas, aprenderon os continentes e algún, tamén, os océanos, os nomes propios e comúns e algún vocabulario relacionado con prendas ou coa vida pirata. Tamén debuxaron un resumo do aprendido.